• : Function ereg() is deprecated in /var/www/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

A cidade Lugo acolle o Foro da Innovación para promover a adopción dunha cultura da innovación nas PEMES galegas.

O evento celebrarase o vindeiro 4 de novembro na Facultade de Veterinaria.

O vindeiro 4 de novembro a cidade de Lugo acollerá o Foro da Innovación. Este evento, organizado polo Consejo Superior de Cámaras de Comercio, o Consello Galego de Cámaras, a Cámara de Lugo e financiado pola Consellaría de Innovación e Industria, ten por obxectivo promover a adopción dunha cultura da innovación nas pequenas e medianas empresas galegas. O Foro vense celebrando con moito éxito de participación en diferentes cidades do Estado e tivo unha primeira edición en Galicia en Ferrol o pasado mes de xullo. O Foro destaca polo seu formato áxil e dinámico e o seu carácter eminentemente práctico e está dirixido principalmente a Pemes de toda Galicia.

O acto comezará cunha inauguración oficial a cargo do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez. De seguido, terá lugar unha presentación que introducirá aos asistentes no fenómeno da innovación nas empresas desde un punto de vista dinámico e marcado polo sentido do humor.

Tras esta presentación, representantes de tres empresas galegas exporán a súa experiencia no ámbito da innovación como exemplos de éxito. A segunda parte do Foro continuará nunha zona de exposición na que durante dúas horas os asistentes poderán coñecer de man de axentes de innovación os servizos que teñen á súa disposición, intercambiar experiencias con outras Pemes, etc. Esta zona conta cunha área de stands atendidos por técnicos especializados, unha zona de tribunas, unha aula de cine e un meeting point, entre outras.

Os axentes que estarán presentes con stands son:

- A Consellaría de Innovación e Industria

- O Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro (CETPEC)

- O Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria de Galicia (CTC)

- O Centro Tecnolóxico do Leite. Aula de Produtos Lácteos

- O Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira)

- O Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (Energylab)

- O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant)

- O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL). O INGACAL, dependente da Consellaría do Medio Rural, agrupa ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), ao Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (LAFIGA), e á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).

- O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.

Máis información

O evento celebrarase no Auditorio da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago, na Avda. Carballo Calero s/n, en Lugo. Para máis información e para facer a inscrición gratuíta, poden dirixirse á web: www.foroinnocamaras.com/

Fonte: Axencia Galega de Noticias.