• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

Economía e Industria difunde as axudas para apoiar ás empresas nunha xornada organizada coa APD.

Os plans de garantías re-Brote e re-Solve e que están destinados a mobilizar 400 millóns de euros en operacións de financiamento

Achegar aos empresarios galegos información directa e completa sobre toda a batería de axudas que ofrece o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para apoiar ás empresas mediante o financiamento de circulante, investimentos e iniciativas de internacionalización ou para a mellora competitiva é o obxectivo da xornada específica organizada polo Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD). O encontro informativo, de carácter gratuíto, desenvolverase o próximo 4 de decembro, a partir das 10 horas, no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela.

Entre os asuntos sobre os que informarán os directivos do Igape están os programas de garantías re-Brote e re-Solve, cos que o departamento da Xunta que dirixe Javier Guerra prevé mobilizar 400 millóns de euros para financiar operacións de circulante de autónomos, pemes e empresas galegas. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 30 do próximo mes de decembro.
As liñas denominadas re-Brote e re-Solve, teñen como obxectivo viabilizar novas operacións de crédito para que as empresas, microempresas e autónomos galegos conten cunha nova e importante ferramenta para afrontar os seus problemas de liquidez a curto prazo, derivados da actual situación económica. Conxuntamente, estes programas conforman unha das principais medidas de apoio a empresas incluídas no Plan de Choque da Xunta contra a crise e constitúen unha das liñas de maior envergadura en materia de garantías da historia de Galicia. Segundo manifestou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, no momento de impulsar a posta en marcha da iniciativa, coa xestión destas dúas liñas de axuda o Igape pon de manifesto a súa capacidade de reforma e readaptación á economía real para dar resposta ás demandas do día a día dos empresarios e dos emprendedores.
Este ambicioso plan de garantías para financiamento de circulante articúlase ao redor de dúas liñas de avais e reavais. A primeira, re-Brote, está chamada a facilitar o acceso a liñas de financiamento operativo adicional de empresas medianas e grandes, mentres que a segunda liña, de reavais, denominada re-Solve, facilitará o acceso ao circulante para as microempresas e os autónomos. O tempo medio de xestión destas garantías por parte do Igape será de 45 días.
En colaboración coas principais entidades financeiras que operan en Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ven realizando un importante esforzo para subvencionar custos financeiros mediante programas como as liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das Pemes; con todo, e dada a situación económica actual, a Consellería de Economía e Industria estimou que estas axudas financeiras precisaban de ser completadas mediante iniciativas máis ambiciosas onde a administración comparta riscos co tecido empresarial, coas entidades financeiras e as SGR en determinadas operacións, mediante o afianzamento parcial de liñas de financiamento operativo. Con este obxectivo, foron postas en marcha as liñas re-Brote e re-Solve.
Apoios á internacionalización
A xornada informativa organizada en colaboración coa APD acollerá tamén relatorios de directivos do Igape sobre as axudas que ofrece o o Instituto para facilitar a mellora competitiva das empresas e sobre os apoios disponibles no eido da internacionalización, para facilitar o incremento das exportacións e a proxección exterior das firmas galegas. Do mesmo xeito, haberá relatorios sobre os procesos de reestruturación financeira o os incentivos fiscais impartidos por expertos en ambos asuntos, igualmente de interese para as empresas galegas.
Fonte: IGAPE.