• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

Alberto González Garcés inicia o seu labor como novo director-xerente da Fundación CETMAR.

González Garcés mantivo un primeiro contacto co persoal do Centro Tecnolóxico do Mar co que traballará nos vindeiros anos.

Alberto González Garcés inicia hoxe a súa andaina como novo director-xerente da Fundación Cetmar, despois de que os membros do Padroado aceptasen, a semana pasada, a renuncia presentada por Manuel Varela, anterior director, e autorizasen o nomeamento de González Garcés como responsable do centro. O cese de Manuel Varela facíase efectivo onte mesmo, día 5 de xullo.

O novo dirixente do centro mantivo esta mañá unha xuntanza co director saínte e co persoal do Centro Tecnolóxico do Mar co que traballará nos vindeiros anos. Ademais puido coñecer tamén as instalacións do Cetmar.

Alberto González Garcés é doctor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, sendo a súa especialidade a investigación dos recursos mariños explotados. Aínda que procede da investigación conta cunha ampla experiencia na xestión e así o demostra a época na que traballou como membro do Gabinete do Vicepresidente da Comisión Europea, Manuel Marín, entre 1989 e 1993. Tamén o avala a súa etapa como presidente do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca da Unión Europea e do Comité Científico para a Organización Internacional para la Conservación del Atún del Atlántico (ICATT).

González Garcés tivo ademais unha importante presenza nas relacións internacionais posto que participou na elaboración do Código de Conducta para a Pesca Responsable da FAO e no desenvolvemento da Convención de Nacións Unidas sobre Derecho del Mar referente a especies altamente migratorias e transzonais. Dende fai 14 anos González Garcés desempeñaba o cargo de director do Centro de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), dependente do Ministerio de Educación y Ciencia.

A xuntanza do Padroado da Fundación Cetmar, celebrada o pasado 28 de xuño e presidida pola Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, tiña por obxectivo, entre outras cuestións, a aprobación das contas da Fundación correspondentes ao ano 2006, así como a renuncia de Manuel Varela e o nomeamento do novo responsable do Centro Tecnolóxico do Mar. Estiveron presentes nesta reunión o Secretario General de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro; a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares Cuerpo, e o ata onte director do Cetmar, Manuel Varela. Así mesmo, asistiron representantes do Instituto Español de Oceanografía, das consellerías de Medio Ambiente, Educación e Innovación e Industria, así como representantes das Universidades de Vigo e Santiago de Compostela.