• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

Portos de Galicia estuda importar o exitoso modelo de Noruega que combina a actividade pesqueira e a práctica deportiva.

O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, encabeza a delegación galega, que estudará as experiencias de desenvolvemento.

O presidente do ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Jacinto Parga, encabezará esta semana a delegación galega que analizará in situ a ampla experiencia de Noruega para combinar dun xeito equilibrado a náutica deportiva e a actividade pesqueira nos seus portos. O obxectivo primordial desta visita será estudar as posibilidade de trasladar a Galicia o modelo noruegués, que se desenvolveu con éxito nunha costa que garda características moi semellantes as do litoral galego.

Os encontros nos que participará a delegación galega están organizados polo Porto de Larvik (ubicado ao sur de Noruega) en colaboración co Consello rexional da BTV –que agrupa aos condados de Buskerud, Telemark e Vestfold e que supoñen en torno ao 10 por cento da poboación norueguesa–, e coa Cámara de Comercio Hispano-noruega en Oslo.

A delegación galega liderada por Jacinto Parga (a quen acompañan outros responsables de Portos de Galicia) está completada por membros da asociación Neria, de desenvolvemento económico da Costa da Morte, e representantes do programa LEADER+ que traballan na zona. Todos eles terán a oportunidade de coñecer a experiencia de Noruega, que redimensionou e modernizou os seus portos pesqueiros adaptándoos ás novas necesidades e demandas pero sen perder de vista o seus usos e actividades iniciais.

Na serie de encontros programados durante a estancia dos representantes galegos en Noruega tamén poderán analizar as melloras tecnolóxicas e medioambientais aplicadas nos portos deportivos do país escandinavo, resultado da execución do proxecto europeo cofinanciado pola UE SUPORNET II.

Así mesmo, a delegación galega promocionará a Costa da Morte no norte de Europa co fin de posibilitar que esta zona do litoral galego se converta nun destino náutico atractivo aos navegantes do Mar do Norte e do Báltico, que poderían beneficiarse das infraestruturas galegas como porto base. O aproveitamento da potencialidade do mercado noruegués sería de vital importancia para Galicia ao tratarse dunha clientela de amplo poder adquisitivo que combina o interese pola preservación do medio coa curiosidade polas culturas autóctonas.

Neste contexto, as autoridades galegas e de Noruega estudarán a posibilidade de crear un consorcio galego-noruegués de ámbito público e privado que sirva para establecer relacións de negocio perdurables, asentándose nun primeiro momento no sector náutico, pero con vistas a estendelo a outros ámbitos económicos.

Por último, sobre a mesa estará tamén a posibilidade de participar conxuntamente con socios noruegueses, suecos e dinamarqueses nunha iniciativa de cooperación transfronteiriza que podería ter acomodo no programa INTERREG IV, dentro da programación de fondos europeos correspondente ao horizonte financeiro 2007-2013. A participación dos organismos galegos nestas iniciativas permitiría unha cofinanciación da UE do 75%.

A visita da delegación galega comezará mañá, venres 6 de xullo, cun programa de traballo que se prolongará ata o luns día 9 e durante o que están previstas reunións bilaterais coas autoridades e representantes económicos e sociais do país escandinavo.