• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

A axenda estratéxica de investigación guiará o futuro do sector da construcción naval en Galiza.

O fondo tecnolóxico da UE que destina máis de 400 millóns de euros

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e o representante da Plataforma Tecnolóxica Galega do Sector da Construcción Naval, Tomás Casquero Cimadevila, presentaron o pasado 13 de xullo en Santiago de Compostela a Plataforma Tecnolóxica Galega do Sector da Construcción Naval e a súa Primeira Axenda Estratéxica de Investigación. O acto contou tamén coa asistencia do director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Salustiano Mato de la Iglesia; da directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Mª Elena Veiguela Martínez; e do presidente do Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA), José Domínguez Álvarez, ademais de representantes das entidades que forman parte da Plataforma e das outras oito Plataformas Tecnolóxicas Galegas.

A Plataforma Tecnolóxica Galega do Sector da Construcción Naval é un instrumento creado polas empresas e institucións do sector co apoio da Consellaría de Innovación e Industria para mellorar a competitividade do sector mediante a investigación e o desenvolvemento de estratexias comúns e de proxectos tractores. Liderada polo Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA), até o momento agrupa a 31 axentes representativos do sector tanto públicos como privados. Esta Plataforma nace para agrupar a axentes representativos do contorno produtivo, científico e tecnolóxico do sector (empresas, centros tecnolóxicos, grupos de investigación universitarios, institutos tecnolóxicos, entidades financieiras, etc.) co obxectivo de acadar un salto significativo nas áreas científico-tecnolóxica. O seu primeiro froito é unha Primeira Axenda Estratéxica de Investigación que establece e describe os principais retos, prioridades e liñas de traballo para o futuro do sector da construcción naval en Galiza.

Segundo salientou o conselleiro de Innovación e Industria, a relevancia do sector da construcción naval en Galiza facía necesario a creación desta estrutura. “Trátase dun sector cunha gran tradición e peso na economía galega, como o demostran os preto de 15.000 traballadores que dependen del en Galiza. Ademais de representar unha boa parte das exportacións galegas, o sector galego representa arredor do 60% de todo o sector no Estado. Estas características de partida sitúanos nunha posición óptima de cara a manter e incrementar ese liderado e atraer investimentos e iniciativas estatais a través da aposta pola I+D+i”, explicou Fernando Blanco.

O conselleiro animou á Plataforma e as entidades que forman e formarán parte dela a sacar o máximo proveito das fiestras de oportunidades que se lle abren no ámbito galego (a través do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 INCITE); no ámbito estatal e no europeo (a través do VII Programa Cadro). Blanco informou das modalidades de financiamento das que se poden beneficiar as plataformas tecnolóxicas e adiantou que o seu departamento porá en marcha en 2008 unha nova tipoloxía de axudas dentro da Orde de Fomento da Innovación Empresarial, os contratos programa, que establecerán axudas directas a proxectos singulares estratéxicos e altamente competitivos, co fin de mellorar a competitividade e a calidade do tecido empresarial.

Fernando Blanco explicou asemade as dúas modalidades de proxectos que poderán presentar as plataformas tecnolóxicas para accederen ás subvencións a fondo perdido de 110 millóns de euros e 300 millóns en créditos que reserva o fondo tecnolóxico europeo para Galiza e para agrupacións de empresas. Por unha banda, os proxectos integrados, grandes proxectos con orzamentos superiores a 5 millóns de euros, de carácter experimental e que permitan o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas. Pola outra, os proxectos de colaboración transversal destinados a resolver problemáticas comúns a un determinado secor ou área de actividade económica, con orzamentos entre 2 e 10 millóns de euros. En ambos os dous casos, dixo o titular de Innovación e Industria, as plataformas poderán completar a subvención máxima do 25% a fondo perdido que concede a UE, até o 50% do investimento, grazas a unha modalidade específica que incluirá a Consellaría de Innovación e Industria nas súas convocatorias de axuda. Outro 50% pode obterse en forma de préstamo a 8 ou 9 anos a interese cero.

Liñas prioritarias

Pola súa banda, Tomás Casquero foi o encargado de presentar a Primeira Axenda Estratéxica de Investigación do Sector da Construcción Naval en Galiza. Este documento articúlase a partir de tres desafíos innovadores establecidos como prioritarios pola Plataforma: fortalecemento dun sector marítimo competitivo; seguridade e sustentabilidade ambiental no deseño, construción e operación de buques e infraestruturas que satisfagan o transporte e explotación de recursos, mentres se mantén a eficiencia; e a aposta polo sector marítimo ante o desafío do crecemento económico e demográfico.

Como liñas prioritarias de traballo nas actividades de I+D+i no sector da construcción naval galega, a Axenda Estratéxica establece os seguintes: novos materiais; tecnoloxías de unión e de procesos afíns; corrosión mariña; tratamento de superficies; tecnoloxías para o deseño; mellora das tecnoloxías de fabricación; aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación; técnicas de traballo aplicables á reparación de buques e xestión medioambiental aplicable ao sector naval.