• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

España amplía a súa flota científica cun buque punteiro no mundo.

Un navío equipado con tecnoloxía punteira para a navegación e a investigación.

O estaleiro M.Cíes entregou a flamante embarcación á ministra de Pesca, Elena Espinosa, que se mostrou máis que compracida polo resultado do proxecto no que o seu departamento investiu 24 millóns de euros. «Esta embarcación é unha demostración da aposta feita pola tecnoloxía española e unha demostración da confianza na industria naval de Vigo», dixo.

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Espinosa engadiu ás funcións que desempeñará o novo laboratorio flotante a misión de potenciar a cooperación pesqueira internacional con terceiros países. «Grazas a esta embarcación, achegaranse datos que moi valiosos para as Administracións pesqueiras dos Estados», afirmou.

O secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, bautizou ao Miguel Oliver como «o buque que converte a España nunha das forzas de investigación pesqueira punteiras no mundo». Martín destacou, entre as características tecnolóxicas do navío, os dous tipos de robots subacuáticos que van a bordo. Un deles é o Rov Swordfish, un vehículo de operación remota para fotografar reservas mariñas, localizar pecios e examinar o impacto das artes de pesca nos fondos mariños, que opera ata 650 metros de profundidade. O outro robot é o denominado Videoray, e trátase dun vehículo de pequenas dimensións (4 quilos de peso), que filmará o estado das reservas mariñas arrecifes e recursos pesqueiros.

O equipamento científico do navío consta de seis laboratorios (química, acústica, húmido, bioloxía, física e informática). Está dotado de sistemas de comunicación vía satélite, estación meteorolóxica, dous radares de navegación con alcance de 50 millas para a detección de obxectos. O interior do buque está habilitado con 30 camarotes (15 dobres e 15 individuais).

O Miguel Oliver, que recibe o nome do biólogo mariño e oceanógrafo, saíu do porto de Vigo na súa primeira campaña científica rumbo a Hatton Bank, no Atlántico nororiental, onde faena a flota galega. Posteriormente operará nos caladoiros de Perú, Panamá e Arxentina.