• : Function ereg() is deprecated in /var/www/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

Javier Guerra anuncia “un cambio de modelo na xestión da I+D+i".

"No que os recursos públicos investidos deberán ter un retorno económico beneficioso para a sociedade”.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, adiantou hoxe que a nova Axencia de Innovación de Galicia ten como obxectivo propiciar un “cambio de modelo na xestión da I+D+i, no que os recursos públicos investidos pola Administración deberán ter un retorno económico beneficioso para o conxunto da sociedade”.

Javier Guerra fixo estas declaracións no marco do foro “I+D+i: Motor da Competitividade Empresarial Galega” organizado polo grupo El Correo, no que sinalou que un dos cambios na “xestión eficiente da innovación” pasa pola “medición e esixencia de resultados dos recursos investidos”.

O conselleiro de Economía e Industria salientou que “un dos principais obxectivos da política de innovación do Goberno de Galicia é facilitar mecanismos para a transferencia de coñecemento entre empresas, especialmente entre aquelas que posúen unha maior capacidade tractora dentro de cada actividade económica e as pemes deses mesmos sectores”.

Segundo Guerra, na actual conxuntura económica “a eficiencia na xestión dos fondos públicos é prioritaria”, de tal xeito que no eido da innovación “os obxectivos primordiais son mellorar a flexibilidade desde o punto de vista operativo, e a transparencia na medida e avaliación dos resultados”.

O responsable da Consellería de Economía e Industria tamén aclarou que “a innovación é fundamental” no proceso de “creación de valor” das empresas e polo tanto estas “deben ser as verdadeiras protagonistas da innovación”. “A vinculación entre innovación e creación de empresas de alto crecemento facilitará dinámicas de innovación máis abertas e rápidas na súa chegada ao mercado”, engadiu.

Rede Xiga
Asemade, o conselleiro lembrou que unha das iniciativas nas que se materializa este cambio de modelo é a creación da Rede XIGA, que será o resultado dun programa piloto de formación de técnicos especialistas en materia de innovación e a súa incorporación a 60 pemes galegas.

A Dirección Xeral de I+D+I se fará cargo do adestramento de 75 profesionais -previamente seleccionados a través dun proceso competitivo- para convertelos en expertos na xestión de proxectos innovadores e cofinanciará os custos laborais dos 60 mellores durante os seus primeiros tres anos como parte do persoal das pemes beneficiarias.

As pequenas e medianas empresas participantes nesta acción do Programa para o Impulso da Innovación das pemes galegas, recibirán axudas importantes para facer fronte aos gastos derivados da contratación destes expertos, que se materializarán no 70% do custo laboral o primeiro ano, o 50% o segundo, e o 30% o terceiro, sobre un importe máximo de 30.000 euros para o salario bruto anual e a cota empresarial da Seguridade Social, a tempo completo.

Deste xeito, a Xunta quere contribuír ao financiamento destes novos postos de traballo nas pemes durante a súa etapa de consolidación, co obxectivo de aliviar os custos da empresa, ata o punto no que se comecen a producir retornos do investimento nos proxectos de innovación xestionados por estes expertos. O orzamento total para abordar esta actuación ascende a 5 millóns de euros.

Fonte: Xunta.es.