• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

Innovación e Industria potencia a creación de infraestruturas para a investigación en ciencias do mar.

No 2006, esta consellaría destinou 3,5 millóns de euros á I+D+i neste sector.

A Consellaría de Innovación e Industria está a apostar pola mellora das infraestruturas para incrementar a investigación e a innovación no ámbito das Ciencias do Mar. A participación no buque de investigación oceanográfica Sarmiento de Gamboa e na Unidade de Tecnoloxía Marítima Atlántica da Cidade do Mar de Vigo ou o investimento de 3,5 millóns de euros en proxectos de investigación sectorial en recursos mariños son algunhas das medidas levadas a cabo por este departamento para incentivar o sector a través da I+D+i.

A Unidade de Tecnoloxía Marítima Atlántica é unha plataforma científica e tecnolóxica concibida como unha gran instalación europea que prestará servizos técnicos de apoio á investigación en oceanografía e pesca. O centro, que estará situado na Cidade do Mar, en Vigo, é unha das infraestruturas singulares escollidas polo Ministerio de Educación e Ciencia para conformar o Mapa Nacional de Infraestruturas.

Esta Unidade estudará a xeración de tecnoloxía no campo da construción de buques oceanográficos, así como no desenvolvemento da súa instrumentación e dotación científica. Proporcionará o soporte loxístico e tecnolóxico necesario para o desenvolvemento da investigación na costa cantábrica e no Atlántico. O orzamento estimado para o proxecto é de 76 millóns de euros, 40 para instalacións e 36 para equipamento e primeiros custos operativos.

Buque Oceanográfico

A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, participa tamén no Buque Sarmiento de Gamboa grazas ao convenio de colaboración asinado polo antigo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Xunta. O total do investimento é de 22 millóns de euros, dos que o 20% (4,4 millóns de euros) corren a cargo de Innovación e Industria.

O buque, que foi entregado en Vigo o pasado 12 de xullo polo estaleiro Freire nun acto que contou coa presenza do presidente do goberno estatal, José Luis Rodríguez Zapatero, dispón da tecnoloxía necesaria para realizar investigacións sobre cambio climático, fondos oceánicos, biodiversidade, estudos pesqueiros e circulación oceánica. Cunha eslora de máis de 70 metros, permitirá realizar misións de 40 días de duración con 25 científicos e 16 membros da tripulación a bordo.

Entre as características técnicas que fan singular este buque, destaca o feito de que o Sarmiento de Gamboa é o único do mundo que ten ao mesmo tempo dobre quilla retráctil e góndola acústica. Nesta estrutura sitúase un equipamento de sensores acústicos e oceanográficos de alta resolución. Estes recursos posibilitarán cartografar o fondo e o subfondo mariño, así como determinar as correntes, o posicionamento de vehículos submarinos, a situación dos bancos de peixes e a estimación de biomasa.

Estas dúas novas dotacións veñen a completar e ampliar a consolidada rede de centros de investigación e outros axentes de I+D+i en materia marítima existentes en Galiza, como son os Centros Oceanográficos de Vigo e da Coruña, dependentes do CSIC, o Centro Tecnolóxico do Mar, diversos grupos das universidades galegas e tamén empresas de servizos ambientais. Ademais, á cabeza da investigación sobre os recursos alimentarios do mar están o Centro Tecnolóxico da Pesca (CETPEC), o Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA) e ANFACO-CECOPESCA.

A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla

Dentro deste apoio ao sector, a Consellaría de Innovación e Industria colabora tamén na Estación de Ciencias Mariñas da Illa de Toralla (ECIMAT) grazas a un convenio coa Universidade de Vigo. Inaugurada hai pouco máis dun ano, a Estación proporciona a pé de mar infraestruturas e servizos centralizados a diversos grupos de investigación e a outros centros de I+D+i relacionados co mundo do mar e dos cultivos mariños.

A ECIMAT ten tres unidades: a Unidade de Cultivos Mariños, con capacidade para subministrar auga de mar de diferentes calidades e cultivos de organismos mariños de interese en investigación; a Unidade de Medio Mariño, para o apoio á investigación mariña in situ e para a análise microscópica de mostras, e a Unidade de Actividades Subacuáticas, que conta cun equipo de mergullo. Nas súas instalacións traballan os grupos de Ecoloxía Mariña, Xenética de Poboacións e Citoxenética, Xenética Molecular de Peixes e Moluscos, Ecoloxía e Zooloxía Mariña, Análise e Diagnóstico en Parasitoloxía, Fisioloxía de Peixes, Microbioloxía Mariña e Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica.

Apoio Económico a Proxectos de I+D

A investigación do medio mariño tamén aparece no Plan Galego de I+D+i entre as materias prioritarias sobre as que traballar para o desenvolvemento económico de Galiza, tanto en aspectos ambientais e biolóxicos como tecnolóxicos. A Consellaría de Innovación e Industria nas convocatorias de axudas que realiza anualmente, conta cun programa específico para a investigación sobre o medio mariño que no ano 2006 contou cun orzamento de preto de 3,5 millóns de euros.

Entre os proxectos que acadaron estas subvencións están estudos sobre pesca e acuicultura para a mellora de determinadas especies, investigacións sobre aspectos ambientais e de condicións do mar e desenvolvementos tecnolóxicos de sistemas de xestión e de control, como son os proxectos “Peixe Verde” ou “Mexillón Sostenibilidade”.

O proxecto Peixe Verde é un exemplo de colaboración entre entidades de diferente natureza relacionadas co sector pesqueiro no ámbito estatal. Innovación e Industria colabora cos socios galegos achegando preto de 240.000 euros para o traballo liderado polo Centro Tecnolóxico da Pesca de Celeiro. O obxectivo deste proxecto é atopar solucións á subida do prezo do petróleo, que encarece considerablemente os custos de produción. Para elo, Arteixo Telecom desenvolve un sistema de xestión e control de enerxía, mentres que Porto de Celeiro estuda o xeito de mellorar a eficiencia enerxética da flota de barcos existente.

Pola súa banda, O CETMAR leva a cabo proxectos subvencionados como “Mercagal”, para estudar a dinámica xenética das poboacións galegas de pescada europea, mentres que en “Semaumex” traballa en colaboración co Centro Tecnolóxico da Automoción para o desenvolvemento dun sistema de desdobramento automático do mexillón.

Desde o sector privado tamén se realizan estudos de carácter ambiental subvencionados. Por citar algúns exemplos, CIMA (Centro de Investigacións Marinas, S.L.) avalía a contaminación dos fondos das rías e das zonas portuarias debido ao uso de pinturas con tributilestano (TBT) nos buques, mentres que Pereira traballa no deseño dun modelo sostible para a explotación da vieira. Pola súa banda, PROINSA recibiu unha subvención de 456.260 euros para o seu proxecto “Mexillón Sostenibilidade”. Esta empresa, que explota ao redor de cen bateas na ría de Ares, traballa para mellorar o seu modelo de industria sostible.