• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

Científicos da USC participan nun proxecto centrado na cría de cabaliños de mar en cautividade.

O fin é o de recuperar as poboacións salvaxes que están en perigo.

Un equipo de investigadores da Facultade de Veterinaria de Lugo participa nun proxecto centrado na cría de cabaliños de mar en cautividade. A finalidade deste estudo é recuperar as poboacións salvaxes que se atopan en perigo. Trátase do Proxecto Hippocampus, financiado polo Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Educación e Ciencia e coordinado polo doutor Miguel Planas, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM).

No proxecto tamén participan, ademais da Universidade de Santiago, o Aquarium Finisterrae da Coruña e a Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Os cabaliños de mar caracterízanse por que son os machos os que quedan preñados e as parellas son estables e fieis.

Por parte da USC, a investigadora principal é a doutora Carmen Bouza Fernández. Explica que “os cabaliños de mar (xénero Hippocampus) son peixes emblemáticos polas súas peculiaridades morfolóxicas e reprodutivas, entre as que destaca o feito de que sexan os machos os que quedan preñados e que, supostamente, as parellas son estables e fieis durante toda a súa vida”.

Segundo a información aportada polos investigadores, na actualidade todas as especies de cabaliños de mar están protexidas, debido á regresión progresiva que están a sufrir as súas poboacións no medio natural. Así, das 33 especies descritas en todo o mundo, só dúas habitan o litoral español: Hippocampus hippocampus (cabaliño de mar de fociño curto) e Hippocampus guttulatus (de fociño longo).

Este proxecto iniciou unha liña de investigación pluridisciplinar centrada na recuperación das poboacións salvaxes de cabaliños de mar no litoral iberoatlántico. Como punto de partida, os obxectivos deste estudo céntranse na caracterización biolóxica poboacional de Hippocampus guttulatus e a súa cría en cautividade, co fin de avaliar as posibilidades de conservación e recuperación das poboacións salvaxes desta especie. Ademais, descubriuse que, alomenos en condicións de cautividade, os machos non son tan fieis á súa parella como se supoñía ata o momento.

O grupo do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo iniciou unha técnica de mantemento e reprodución en cautividade, para o que definiu as condicións biolóxicas e tecnolóxicas de cultivo máis axeitadas para esta especie de cabaliño de mar (Hippocampus guttulatus). Logo dun ano de investigación, o equipo conseguiu desenvolver un modelo de acuario específico para a devandita especie, así como unha dieta baseada exclusivamente na subministración do crustáceo Artemia, “o que constitúe un fito na cría dos cabaliños de mar”, tal como manifesta a doutora Carmen Bouza.

Por outro lado, obtivéronse datos moi interesantes sobre a bioloxía reprodutora da especie. “Entre estes datos destaca o feito de que, alomenos en condicións de cautividade, os machos non son tan fieis á súa parella como se supoñía”, afirma a investigadora da USC.

O equipo da Universidade de Santiago caracterizou por primeira vez marcadores xenéticos nun cabaliño de mar europeo. O grupo de investigación dirixido pola doutora Carmen Bouza -Grupo de Xenética en Acuicultura da Universidade de Santiago- está especializado en xenética aplicada á acuicultura e a conservación. O equipo caracterizou por primeira vez marcadores xenéticos nun cabaliño de mar europeo. Os investigadores demostraron a súa utilidade para avaliar o estado xenético das poboacións salvaxes e para realizar análises de parentesco nesta especie.

A aplicación dos devanditos marcadores permitiu confirmar a paternidade e maternidade das proxenies obtidas en cautividade polo grupo do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, “o que resulta esencial para obter información sobre o comportamento de selección de parella nesta especie”, declara Bouza. “As ferramentas xenéticas desenvolvidas serán imprescindibles para o deseño de cruzamentos, evitando a consanguinidade no establecemento de stocks de reprodutores en cautividade, que poidan ser útiles para a futura repoboación en situacións eventualmente críticas para os recursos naturais desta especie”, asegura a investigadora.

Catro grandes acuarios nacionais -entre eles o Aquarium Finisterrae da Coruña- e unha empresa privada participan tamén neste proxecto, apoiando a reprodución en cautividade. Isto permitirá no futuro a subministración e intercambio de exemplares de cabaliños de mar entre centros, organismos e tamén entre empresas interesadas