• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

Curso de preparación de propostas do VII Programa Cadro da Unión Europea (FP7).

O 15 e 16 de decembro en Ferrol.

A OPIDi está a organizar o “Curso de preparación de propostas do VII Programa Cadro da Unión Europea (FP7)”, que terá lugar os días 15 e 16 de decembro en Ferrol, no marco do proxecto europeo ER-INNOVA ( http://www.er-innova.com/). Este proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa POCTEP 2007-2013, ten como obxectivo mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas do sector das enerxías renovables a través das TIC.

O curso ten coma obxectivo dotar aos asistentes dos coñecementos necesarios para afrontar con éxito a elaboración de propostas de proxectos europeos de I+D. Terá un carácter eminentemente práctico, polo que unha parte significativa do mesmo consistirá no desenvolvemento de exercicios en grupo, co apoio de expertos na elaboración e xestión de proxectos internacionais de I+D.

Esta actividade formativa está dirixida a persoal de empresas, centros de investigación públicos e privados, e centros tecnolóxicos do sector enerxético, que teñan experiencia en proxectos de I+D+i, sendo prioritarias as PEMEs deste sector.

Todos aqueles interesados en participar, podedes atopar o programa e o boletín de inscrición nos arquivos achegados.

O prazo de inscrición remata o xoves, 9 de decembro de 2010. O nº de prazas está limitado a 30 alumnos.

Quedamos á vosa disposición para calquera pregunta sobre o curso ou sobre os diferentes aspectos relacionados cos programas internacionais de I+D+i.

Esperando contar coa vosa participación, recibide un saúdo cordial.

Consorcio ER-INNOVA:

- Tecnópole, Parque Tecnológico de Galicia, S.A.

- Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia - OPIDi.

- EGANET, Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías.

- BIC-PORTO - NET, Novas Empresas e Tecnoloxía.