• : Function ereg() is deprecated in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

  • warning: strftime(): It is not safe to rely on the system's timezone settings. You are *required* to use the date.timezone setting or the date_default_timezone_set() function. In case you used any of those methods and you are still getting this warning, you most likely misspelled the timezone identifier. We selected the timezone 'UTC' for now, but please set date.timezone to select your timezone. in /srv/vhost/ptgn.net/home/html/themes/ptgn/flexinode_timestamp.tpl.php on line 9.

Xornada Demostradora de “Xestión Integral de Empresas con Software Libre” no Centro Demostrador TIC de Galicia.

O día 28 de xullo.

O Centro Demostrador TIC de Galicia, posto en marcha pola Xunta de Galicia, constitúe  un  espazo de referencia no que as empresas galegas poden acceder ás ultimas novidades tecnolóxicas e comprobar de forma práctica a mellora que supón a implantación destas novas tecnoloxías na súa produtividade e competitividade.

Neste senso, o Centro Demostrador TIC organiza o vindeiro 28 de xullo en horario de 10:00h a 14:00h unha Xornada Demostradora de “Xestión Integral de Empresas con Software Libre” cuxo obxectivo é facer un percorrido por distintas solucións tecnolóxicas que permitan incrementar a produtividade das empresas a través da mellora da súa xestión, co nexo común de seren todas elas solucións con licenza libre.

Durante a xornada os asistentes poderán probar de forma práctica solucións tecnolóxicas como un ERP, un xestor documental, unha ferramenta web de comercio electrónico, entre outras, e coñecer a utilidade e vantaxes deste tipo de solucións. Tamén se presentará o software libre como unha alternativa en tempos de crise que posibilita a súa adaptabilidade ás necesidades reais das empresas galegas.

A sesión vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, autónomos e/ou xerentes ou directivos das empresas da nosa comunidade, tanto do sector público como privado.

A asistencia é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC , onde tamén se pode consultar o programa completo da Xornada Demostradora.