• : Function ereg() is deprecated in /var/www/vhost/ptgn.net/home/html/includes/file.inc on line 645.

A nova lei de I+D buscará meirande colaboración público-privada arredor da investigación.

O Goberno galego iniciou xa a tramitación da nova lei de I+D, orientada a impulsar a investigación galega cunha meirande implicación público-privada. Este proceso, que abre as portas aos axentes para presentar alegacións ao borrador do anteproxecto antes de que pase ao trámite parlamentario, deixa ver cales serán as novidades máis salientábeis que pon en xogo a lei. Segundo sinala a Xunta nun comunicado, cómpre destacar a incorporación da valorización e a transferencia de resultados de investigación á empresa como un factor de máxima relevancia. Ou sexa, que se traballará máis a prol de achegar e ampliar as canles de comunicación que permiten o fluxo da innovación entre os eidos públicos da investigación e os privados.
 
Esta énfase na transferencia ten, en palabras do Goberno galego, o seguinte obxectivo: coordinar e potenciar os esforzos destinados a promover unha economía baseada no coñecemento e un retorno do investimento público que reverta directamente na sociedade. A nova Lei, que reempraza a vixente do ano 1993, abrangue cuestións dirixidas dar un pulo extra á I+D+i galega, “máis acorde coa realidade actual, contemplando mesmo de maneira concreta o escenario económico actual”.
 
E engádese dende a Xunta: “Tamén son importantes as adaptacións ás normativas e recomendacións formuladas a nivel estatal (nova Lei de ciencia aprobada en 2011) e europeo (Estratexia Europa 2020) neste eido e ás modificacións na estrutura orgánica da Xunta, especialmente para dar cabida á nova Axencia Galega de Innovación, que comezará a funcionar en breve como organismo adscrito á Consellería de Economía e Industria co cometido principal de xestionar e executar o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015”.
 
No texto dáse acubillo á necesidade de acadar que os centros de investigación, e especialmente as nosas universidades, consigan un marco de colaboración máis estreito co tecido produtivo.