Convocatoria CIP Eco-Innovacion 2012
Ata o 6 de setembro de 2012.
A Oficina de Programas Internacionais de I+D+i quere informarvos que xa está aberta a convocatoria 2012 de propostas para accións no campo da eco-innovación, dentro do Programa Marco para a Innovación e a Competitividade (CIP).
A convocatoria financiará proxectos:
- Relativos á primeira aplicación ou replicación no mercado de técnicas, produtos, procesos ou prácticas ecoinnovadoras que
- foran xa tecnicamente demostradas, pero que,
- debido a riscos aínda existentes necesitan incentivos para penetrar significativamente no mercado.
Áreas prioritarias:
- Reciclaxe de materiais
- Produtos sostibles para a construción
- Sector da alimentación e das bebidas
- Auga
- Greening Business
Data de peche: 6 de setembro de 2012 (ata as 17.00 horas)
Orzamento: 34.8 millóns de €.
Porcentaxe de financiamento: ata o 50% dos custos do proxecto.
Consorcio: Os proxectos poden ser solicitados por unha ou varias entidades, se ben é necesario demostrar o valor engadido europeo do proxecto.
Duración dos proxectos: máximo 36 meses.
Máis información: