II Curso de Capacitación en Xestión de Proxectos Europeos de I+D+i.
No CIS en Ferrol.
Dende a Oficina de Programas Internacionais de I+D+i queremos informar que o CIS GALICIA está organizando o II CURSO DE CAPACITACIÓN EN XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i, que terá lugar en Ferrol, os dÃas 12, 14, 19 e 21 de xuño.
Trátase dunha acción formativa que ten como obxectivo dar a coñecer os mecanismos e as regras de participación, asà como a estratexia para participar con éxito na implementación dos proxectos do 7º Programa Cadro da Unión Europea.Â
O curso contará con recoñecidos xestores e expertos na xestión e promoción do 7PC, e como complemento á parte lectiva do curso, organizarase unha estadÃa en Bruxelas onde tomar contacto con representantes de institucións europeas de interese.
Toda a información do curso, o programa detallado e o procedemento de inscrición poden ser consultados na seguinte ligazón:
CURSO DE CAPACITACIÓN EN XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D